Libro de fotografía 15.000 xeometrías espaciais
Libro de fotografía 15.000 xeometrías espaciais
Libro sobre os ceos e arquitectura na cidade de A Coruña por código postal.
Autor: Pablo Andrade.
Este proxecto visual nace da curiosidade de mirar cara arriba a cidade, de buscar o final dos edificios e a súa relación co ceo, a partir desa relación creo en soporte fotográfico xeometrías espaciais, elementos xeométricos xerados para achegar unha visión distinta da arquitetura da cidade, trátase de obter unha sensación de levidade, de ingravidez das edificacións e os seus materiais, transformándoas en simulados satélites, artefactos ou aeronaves que flotan no aire. As imaxes elaboradas a partir dos edificios son modificadas, pero polos seus elementos arquitectónicos e as súas formas, son identificables coa arquitetura orixinal da edificación transformada.
As cornixas dos edificios e os seus elementos non arquitectónicos, as antenas de TV, saídas de fumes, pararraios, tubaxes e estadas son grandes aliadas para a creación destas xeometrías, contribuíndo á transformación dun edificio nunha simulación espacial, ou como diría David Bowie, nunha Space Oddity.








